Versión en galego

Volver a


Benamira é un pequeno pobo da provincia de Soria, na Comunidade de Castilla y León (situada no nordés da Península Ibérica).

Atópase a unha altura de 1093 metros sobre o nivel do mar e ós pés de Sierra Ministra, que serve de enlace entre os sistemas Central e Ibérico.

No término de Benamira atópase un monte aillado de 1.188 metros chamado Monteagudillo. Na ladeira do Monteagudillo está a “Fuente Vieja”, onde nace un dos afluentes máis importantes do río Ebro: o río Jalón, que da nome a toda a comarca: Comarca del Alto Jalón.

O término de Benamira ten unha extensión de 28900 hectáreas e un perímetro de 27,4 quilómetros.

No que se refire á fauna, podemos atopar en lugares moi preto a Benamira corzos, xabaríns, touróns, raposos, musarañas comúns, perdices, rulas, colonias de lavercas, e grous e grúas...

A vexetación predominante é de carqueixas, carballos e carrascas, lugar de refuxio dos antes nomeados xabaríns, corzos e raposos.

Benamira conta hoxendía con 10 persoas censadas e depende administrativamente do concello de Medinaceli, situado a tan só 9 quilómetros. En calquera caso, no estío, os fins de semana, a Semana Santa e as festas locais, o pobo rexistra un incremento notable no seu número de habitantes.

O nome de Benamira é con toda probabilidade de orixe árabe, e significa “Filla do Emir”.


 Creado e deseñado por Fernando Ochoa Andrés